FÍOS: TALLER DE COSTURA

Talleres Escolares-FÍOS: TALLER DE COSTURA

Un taller de costura dirixido por unha peculiar modista é o espazo onde se desenvolverán historias que van acariñar os nosos oídos. A protagonista de Fíos cose e cose sen parar mentres recibe visitas ...

Precio:
BAJO PETICIÓN
CICLO:
PRIMARIA ,INFANTIL

Descripción FÍOS: TALLER DE COSTURA

Un taller de costura dirixido por unha peculiar modista é o espazo onde se desenvolverán historias que van acariñar os nosos oídos. A protagonista de Fíos cose e cose sen parar mentres recibe visitas que agarda e outras inesperadas. Todas veñen pedíndolle axuda. A través das súas puntadas descubrirá personaxes que colgan de Fíos e que queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus máis tenros segredos.

En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos e reflexións.

A montaxe

Con Fíos Baobab Teatro abre unha nova liña de espectáculos para emocionar, sentir e soñar.
A montaxe nace do corazón de todas as persoas que traballan ou traballaron nel (que non son poucas) e do que cada unha delas deixou de si nela. Cunha posta en escena aparentemente sinxela, Baobab Teatro tece un espectáculo cheo de emoción e maxia, porque as historias que permanecen son as que lembramos.

Duración: 50"
Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos. Apto tamén para adultos que se atrevan a soñar coma nenos.

Compartir esta actividad