SPIRAL, UN MUNDO DE MAXIA

Animaciones y Espectáculos-SPIRAL, UN MUNDO DE MAXIA

Spiral é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de video. Trátase dun espectáculo para todo ...

Precio:
BAJO PETICIÓN
CICLO:
PRIMARIA ,ESO ,INFANTIL ,BACHILLERATO ,UNIVERSIDAD

Descripción SPIRAL, UN MUNDO DE MAXIA

Spiral é a historia dun mago, o Mago Gusi, dende as primeiras ilusións máxicas ata a máis moderna maxia de preto coa última tecnoloxía de proxección de video.

Trátase dun espectáculo para todo público no que os espectadores serán partícipes de todo canto sucede en escena convertíndose, por momentos, en protagonistas das ilusións.

Maxia histórica, cartomaxia, maxia cómica, … un divertido percorrido polas diversas facetas da maxia no que o público non deixa de sorprenderse e de disfrutar co que sucede, inexplicablemente, diante dos seus ollos.

O símbolo da espiral, ben coñecido dos galegos por medio dos petroglifos e as mais antigas inscripcións pétreas marca o camiño fantástico que percorreremos durante 60 minutos máxicos.

ILUSIÓNS PARA TODOS

O espectáculo envolve ó público dende o princio nunha atmósfera máxica na que suceden contínuamente cousas sorprendentes.

Luces que aparecen no ar e cambian inexplicablemente de lugar, caixas valeiras das que non deixan de aparecer obxectos, panos que cambian de cor e se esvaecen no ar, …

… pero eso non é todo. Tamén verán como o ilusionista se libera de cadeas fortemente suxeitas por varios espectadores, adiviñacións imposibles de cartas escollidas polo público e incluso cómo unha destas, despois de rota, se recompón nas mans do espectador.

Para os maiores inclúe unha parte de maxia de perto e cartomaxia realizada coa mais inxeniosa tecnoloxía de video, de xeito que non se perda detalle do que sucede en escena.

O espectáculo vai ambientado con música orixinal composta especialmente para cada unha das ilusións e que acentúa os momentos mais interesantes.

FICHA TÉCNICA:

- Público: É un espectáculo para todas as edades. O espectáculo preséntase en galego e en linguaxe adecuada para pequenos e adultos.
- Duración: 60 a 80 minutos en función da composición do público.
- Espacio necesario: Tarima de 6 x 3 metros. O espectáculo pódese adaptar ó espazo do que se dispoña.
- Conexión eléctrica: 1 toma de 220 Voltios e 3000 Watios cerca do escenario
- Proxección: O Mago leva o seu propio sistema de proxección de video e podemos usar tamén o da sala se reune as condicións precisas.
- Sonido: Non é necesario (O mago leva o seu propio sistema de sonido)
- Iluminación: Se hai luz de teatro pódese usar, en caso contrario o mago leva o seu propio sistema de iluminación.
- Montaxe: 90 minutos antes da actuación.
- Desmontaxe: 30 minutos despois da actuación.

Compartir esta actividad